Roberta Flack
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1937 (87 anos) Asheville, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Universidade Howard (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | música, cantante, pianista, mestra, cantautora, artista discográfico |
Período de actividade | 1968 - |
Xénero artístico | Soul, Jazz, adult contemporary, música tradicional e Rhythm and blues |
Profesores | Frederick Wilkerson (en) |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Atlantic Records RAS Records (en) Angel Capitol Records 429 Records (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Notable Black American Women Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) |
Páxina web | robertaflack.com |
Roberta Flack, nada o 10 de febreiro de 1937 en Asheville, Carolina do Norte, é unha cantante de soul e quiet storm estadounidense.
Biografía
[editar | editar a fonte]É filla do organista da igrexa baptista de Ashville, polo que desde pequena se orientou musicalmente tocando o piano. Na súa mocidade recibiu nocións musicais e clases eventuais na Universidade Howard. Tras un período dando clases, foi descuberta por Less McCann cantando nun club de jazz. Moi pouco despois e grazas a el, asinou coa discográfica Atlantic.
Os seus dous primeiros álbums ("First take" en 1969 e "Chapter 2" en 1970) apenas soaron e non chegaron a colocar ningún sinxelo. Pero isto mudou cando na banda sonora de "Play Misty for Me" se incluíu unha versión de "The First Time Ever I Saw Your Face" (canción do cantante folk Ewan McColl, que xa aparecía no seu álbum debut. O sinxelo converteuse en número un e permaneceu no máis alto seis semanas, converténdose nun dos maiores éxitos de 1972. Nese mesmo ano uniuse co seu compañeiro de clase Donny Hathaway para gravar un álbum xuntos, do que se extraerían éxitos como "Where is the love" ou a versión do clásico de Carole King "You've got a friend". Pero o seu maior éxito chegaríalle en 1973 co tema "Killing me softly with his song", converténdose en número un durante cinco semanas e sendo un dos grandes éxitos da música contemporánea.
En 1974 volveu ás listas de vendas con "Feel Like Makin' Love". Nese mesmo ano tomouse un descanso para actuar con fins benéficas. Nos seguintes anos as súas aparicións eran escasas, pero continuaba traballando duro. En 1979 Donny Hathaway suicidábase, facendo volver á escena a Roberta. Afectada pola perda, buscou un novo compañeiro musical, Peabo Bryson, con quen fixo unha longa xira durante 1980. En 1983 gravaron xuntos, conseguindo o éxito con "Tonight, I Celebrate My Love". Durante toda a década dos 80 centrouse en actuar máis que en gravar, facendo numerosas xiras e actuando xunto a Miles Davis. Volveu ós postos altos das listas en 1991 co dueto "Set the Night to Music" xunto a Maxi Priest.
Durante toda a década dos 90 e na actualidade adícase a facer interminables xiras mundiais, nas que especialmente se centra no jazz.
Discografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Discográfica |
---|---|---|
1969 | First take | Atlantic |
1970 | Chapter two | Atlantic |
1971 | Quiet fire | Atlantic |
1972 | Roberta Flack & Donny Hathaway | Atlantic |
1973 | Killing me softly | Atlantic |
1975 | Feel like makin' love | Atlantic |
1975 | In Concert: recorded with the Edmonton Symphony Orchestra | Dep Entertainment |
1977 | Blue lights in the basement | Atlantic |
1978 | Roberta Flack | Atlantic |
1980 | Roberta Flack featuring Donny Hathaway | Atlantic |
1981 | Bustin' loose | MCA |
1982 | I'm the one | Atlantic |
1988 | Oasis | Atlantic |
1991 | Set the night to music | Atlantic |
1995 | Roberta | Atlantic |
1997 | Christmas album | Capitol |
2003 | Holiday | Punahele Productions |
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Categoría | Xénero |
---|---|---|---|
1972 | Where is the love | Mellor actuación de dúo ou grupo | R&B |
1972 | The first time ever I saw your face | Canción do ano | |
1973 | Killing me softly with his song | Mellor actuación vocal femenina | Pop |
1973 | Killing me softly with his song | Canción do ano |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberta Flack |